Thursday 09 de May de 2024

O Concello abre inscricións para o programa de conciliación Nadal Activo


As solicitudes deberanse remitir ata o 12 de decembro

O Concello de Boqueixón ofrece, un ano máis, o programa Nadal Activo. Trátase dunha iniciativa lúdica-educativa que facilita a conciliación laboral e familiar durante as vacacións de Nadal.
As actividades están dirixidas a escolares de Educación Infantil e Primaria do Concello de Boqueixón e alumnado matriculado nun centro educativo do municipio. As sesións desenvolveranse os días 23, 28, 29 e 30 de decembro e o 4, 5 e 7 de xaneiro nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto. O horario será de 09.00 a 14.00 horas –entrada de 09.00 a 10.00 e saída, de 13.30 a 14.00 horas-. Aplicaranse todas as medidas hixiénico- sanitarias pertinentes en materia de prevención contra a COVID-19.
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 10 de decembro. A poboación interesada deberá remitir a ficha de solicitude correspondente, xunto coa documentación requerida. A presentación de solicitudes poderase realizar telemáticamente a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón, que será a opción preferente, ou de xeito presencial, no rexistro municipal.
O prezo é de 25 euros para o programa completo e de 5 euros por días soltos.
Ofrécense unha serie de bonificacións no custo:
Casos de emerxencia social, unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (537,84€) ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais.

100%

Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM
(806,76€).

60%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM
( 1.344,6€).

30%
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM
(2.151,36€).

15%
Condición de familia numerosa xeral. 30%
Condición de familia numerosa especial. 40%

Requirirase un grupo mínimo de participantes para poder desenvolver o programa. Do mesmo xeito, o Concello poderá modificar ou suspender a prestación do servizo en función das circunstancias que acontezan derivadas da crise sanitaria motivada pola COVID-19.
As persoas que desexen máis información, poden chamar ao teléfono 981 513 115 ou remitir un e-mail ao enderezo electrónico cim@boqueixon.com